Festival de goles na victoria de O Esteo ante o FS Boal

Partido entre O Esteo e FS Boal | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo completa unha semana histórica, tras xogar ante Xapón, selección que moi probablemente esteña nuns meses no vindeiro Mundial de Lituania 2020, e con menos de 48 horas de descanso hoxe conseguiu o seu maior número de goles en competición oficial.

O partido tivo pouca historia, e xa se marchou con 7-2 ao descanso, e no segundo período, con porteiro xogador os asturianos, os locais anotaron varios tantos a porta baleira. Noé marcou catro goles, dous Troncho, Jhony e Martín, e un Héctor, Rober e Cokito.

Como dicíamos, trece é o maior número de goles que consigue O Esteo en competición oficial dende a súa fundación. De feito, en Segunda B, o teito estaba en nove goles, nun 9-4 ao Albense (2017) e tamén 9-4 ao Prone Lugo (2019).

Os ponteses anotaron doce goles ante, Melyde Eypar (12-2, 2012), Carballiño (4-12, 2012), Negreira Bar Arranca (6-12, 2009), e Automoción La Junquera (8-12, 2005). Dez tantos lográronse ante Cidade de Viveiro (10-0, 2013), Redondela (2-10, 2009), e San Cristobo Arzúa (3-10, 2009).

Nunha semana tan histórica, o Pavillón de A Fraga recibiu a visita do gran Adrián Martínez Vara “Adri”, xogador de O Parrulo, que o pasado martes conseguía en Belgrado coa selección española o billete ao Mundial Lituania 2020, tras gañar a Francia (3-1), Ucrania (3-1) e Serbia (5-1).

O Esteo é cuarto con 39 puntos antes de visitar ao Unión Arroyo, de Valladolid, décimo con 25, pero curioso segundo máximo realizador da Liga, faceta na que O Esteo tamén é cuarto.

O Esteo: Javichu, Héctor, Martín, Noé, Troncho – Cokito, Jhony, Rober, Jacobo, Xan, Sergio.

FS Boal: Hugo, Fredi, Toni, Gus, Adri – Ayala, Santi, James, Iroha, Gaizka.

Goles: 1-0, Noé (2´), 2-0, Héctor (7´), 2-1, Iroha (8´), 2-2, Fredi (9´), 3-2, Martín (12´), 4-2, Troncho (13´), 5-2, Noé (14´), 6-2, Troncho (17´), 7-2, Jhony (18´). 8-2, Jhony (26´), 8-3, Adri (27´), 9-3, Cokito (29´), 9-4, Fredi (30´), 10-4, Noé (31´), 10-5, Santi (32´), 11-5, Rober (35´), 12-5, Martín (36´), 13-5, Noé (37´).

Tarxetas: Amarela a Cokito.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Máis de 100 espectadores.

Lea también

Pablo López quinto en la Supercopa de España de Judo Sénior de Marín

Este pasado fin de semana se disputó en Marín la Supercopa de España de Judo …