En Narón, últimas prazas para asistir ao espectáculo de teatro infantil “Un berce cheo de contos”

O Centro Cívico Social de San Xiao acollerá este mércores, día 5, o espectáculo Un berce cheo de contos, protagonizado pola compañía Migallas Teatro. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que esta proposta se enmarca no programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego e que se impulsa dende o Concello a través do Servizo de Normalización Lingüística.

Haberá dúas sesións, unha ás 17.30 e outra ás 19.00 horas, cunha duración aproximada de media hora e para a que aínda quedan algunhas vacantes dispoñibles, según recordou a edil naronesa.

Esta obra teatral, con entrada de balde, diríxese a nenas e nenos de 0 a 3 anos e as súas familias, podendo asistir un máximo de 25 por sesión, que deberán estar acompañados dunha persoa adulta. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico á dirección a.pita@naron.es , no que debe figurar o nome da actividade, o nome e idade do neno ou nena, o nome do pai, a nai ou a persoa que o vaia acompañar, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, según recalcou a concelleira de Ensino.

Chispa é o protagonista desta historia, que chegada a hora de durmir non ten sono e non para de chorar. Para calmalo e que poida durmir cóntanlle uns contos nos que están moi presentes a tradición oral, os álbums ilustrados e a música en directo.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …