O Concello de Valdoviño recupera e reinstala as plataformas do pantalán das Forcadas

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou do remate dos traballos de recuperación e reinstalación das plataformas flotantes do pantalán das Forcadas. Uns traballos necesarios despois dos danos causados polo último temporal.

As obras leváronse a cabo ao longo desta semana e foron contratadas a unha empresa de traballos subacuáticos especializada, o que requeriu dun gasto duns 2.800 euros.

Lea también

O Concello de Fene continúa mellorando as beirarrúas da avenida de Tarrío e completará a actuación coa plantación de árbores

O Concello de Fene continúa executando os traballos de acondicionamento das beirarrúas da avenida de …