O Concello solicita á Xunta unha subvención para contratar durante nove meses a 30 persoas perceptoras da Risga

O Concello de Ferrol ven de solicitar a subvención dirixida a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Risga (Renda de Integración Social de Galicia) da consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta.

Tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia o 28 de xaneiro e abrirse o prazo o 29, o Concello de Ferrol presentou onte a súa solicitude a través da concellería de Economía e Facenda, que dirixe María Teresa Deus, co obxectivo de empregar durante 9 meses a 30 traballadores que actualmente reciben a renda de inserción. A cantidade solicitada ascende a 374.877,28 euros.

A través da subvención, o Concello busca mellorar o servizo municipal de obras públicas coa contratación de 10 peóns e 2 albaneis; tamén o de conserxería, con 9 novos ordenanzas; o departamento de xestión administrativa, coa incorporación de 7 auxiliares; e o servizo de limpeza, para o que o Concello quere contratar a 2 persoas máis. O obxectivo é “mellorar a prestación dos servizos municipais” a través da contratación destas 30 persoas, explicou a concelleira, quen confía en que a cidade de Ferrol beneficiarase da subvención debido a que se conceden por orden de chegada.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …