Concello e Mancomunidade estudiarán vías para mellorar o transporte adaptado

Reunión do grupo de traballo de Dependencia e Diversidade Funcional | Concello de Ferrol

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, celebrou esta mañá unha reunión co Grupo de Traballo de Dependencia e Diversidade Funcional do Concello de Ferrol para coñecer as súas necesidades en relación ao transporte adaptado. Ao encontro acudiron representantes de varias das asociacións que integran o grupo —Afal, ASCM, Párkinson, Saúde Mental, Virxe Chamorro, Aspanaes, Cogami, Diversidade Funcional, Teima Down e a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra—, e Luís Alcalá, xerente da Mancomunidade.

Durante a reunión tratáronse as principais demandas dos usuarios das entidades que forman parte do recentemente creado grupo de traballo en relación a seu transporte e analizáronse posibles vías de traballo para mellorar o seu acceso ao mesmo. A concelleira comprometeuse tras unha reunión celebrada hai dous meses a tratar en profundidade o acceso ao transporte adaptado e hoxe déronse os primeiros pasos. Martínez Montero explicou ao rematar o encontro que o Concello e a Mancomunidade estudiarán novas vías de traballo co obxectivo de “optimizar os recursos e traxectos existentes”. Para elo “é necesario coñecer os medios de cada asociación”, polo que nun prazo dun mes as entidades poderán «enviarnos os recursos, tanto materiais como humanos, cos que conta na actualidade”. Unha vez recompilada a información, a concelleira e o xerente da Mancomunidade reuniranse de novo para analizar a “posibilidade de poñer en marcha un estudio da situación xeral do transporte adaptado na cidade e perfilar as liñas de actuación”.

A concelleira sinalou a “necesidade” de traballar por mellorar o día a día dos usuarios das entidades do Grupo de Traballo de Dependencia e Diversidade Funcional e agradeceu a colaboración da Mancomunidade.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …