O Concello concede á adxudicataria da remodelación do mercado de Caranza oito semanas máis para rematar a obra

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a ampliación do prazo de execución da reforma do mercado municipal de Caranza. A ute adxudicataria dos traballos Mercado de Caranza, integrada por Obras Públicas San Emeterio e Prace, solicitou a principios de ano oito semanas máis para rematar a obra. Xustificou esa petición por circunstancias no imputables ao contratista, e co informe favorable do arquitecto municipal, debido á necesidade de incrementar a superficie de forxado reticular, propoñendo un aumento de 2 meses.

O prazo previsto inicialmente para o remate da remodelación do mercado de Caranza era de 8 meses, que comezaron a contar ao día seguinte á sinatura da acta de comprobación de replanteo, asinada o pasado 16 de maio. A próxima data, tras a conformidade da Xunta de Goberno Local, é o próximo 17 de marzo. Os traballos contan cun presuposto de 799.515,99 euros.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …