O Concello acolleu a entrega dos catro vales de compra sorteados na campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre»

O Concello de Narónacolleu na tarde deste luns o acto de entrega dos vales de compra da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, impulsada dende o Concello. Os gañadores dos catro vales, dous por importe de 500 euros e outros dous de 300 euros foron catro veciños e veciñas de Narón. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, foi o encargado de entregar os premios, xunto con Susana Oreona, representante da Asociación de Comerciantes de Narón.

Os vales de 500 euros recaeron en Germán Castrillón e María Isabel López, se ben os de 300 euros foron para María José Díaz e Roberto de la Fuente. En total o sorteo realizouse entre as aproximadamente 25.000 papeletas que a clientela dos establecementos adheridos á campaña –máis dun centenar da localidade- cubriu cos seus datos persoais e depositou nas urnas habilitadas para tal fin.

Os premiados cos vales deberán gastar o importe dos mesmos en alomenos tres comercios que participaron na campaña e disporán de medio día –cada un deles- para realizar esas compras.

A campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, iniciouse a principios do pasado mes de decembro e rematou o 5 de xaneiro. No marco da mesma repartíronse, a maiores dos premios entregados hoxe, catro cestas con produtos de Nadal, que se sortearon e se entregaron o pasado mes de decembro no Concello.

O concelleiro de Promoción Económica felicitou aos gañadores e gañadoras dos vales entregados esta tarde e tivo unhas palabras de agradecemento para a Asociación de Comerciantes de Narón, que se implica cada ano nesta iniciativa coa posta en marcha do “Navitrén” e tamén participando na campaña. Así mesmo, destacou o labor dos establecementos que, adheridos ou non a esta entidade, se sumaron á campaña. “O pequeno e mediano comercio de Narón ofrece á clientela múltiples posibilidades á hora de realizar as súas compras, cun trato propio deses comercios dos nosos barrios e que teñen á venda produtos moi variados e de excelente calidade”, asegurou Pita. Así mesmo, o edil naronés valorou a elevada participación da clientela nesta iniciativa “que contribúe a poñer en valor este tipo de establecementos da nosa cidade”.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …