Máis de 600 alumnas e alumnos de 9 IES acudirán a unha charla de divulgación da ciencia no Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura de Narón acollerá este mércores, día 15, a charla “A auga, o sangue e o tráfico movéndose coas matemáticas da mesma familia”, na que intervirá como ponente Elena Vázquez Cendón, Decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, avanzou que un total de 643 alumnas e alumnos de institutos de Narón e doutros concellos da comarca acudirán a esta convocatoria, que se iniciará ás 11.30 horas e terá unha duración aproximada dunha hora, trala que se abrirá un turno de preguntas.

O Concello de Narón colabora nesta convocatoria sobre divulgación da Ciencia, dirixida a alumnado de cuarto curso de ESO e de primeiro e segundo curso de Bacharelato de Ciencias. O IES Fene organiza o evento en colaboración cos IES naroneses de As Telleiras e Terra de Trasancos, tal e como recordou a edil de Ensino. A maiores de alumnado destes tres institutos tamén acudirán rapazas e rapaces matriculados nos institutos Cabo Ortegal, de Ortigueira; Fernando Esquío, de Pontedeume; Mugardos; Ferrol Vello, Concepción Arenal e Ricardo Carballo Calero, os tres últimos de Ferrol.

O obxectivo desta charla é, tal e como indicaron dende a organización, “facer un percorrido pola historia da Matemática Industrial”. Con ese fin,
indicaron, “compartiremos referentes galegos e internacionais que teñen feito
valiosas aportacións neste ámbito das Matemáticas tan aplicado; amosaremos
problemas resoltos desde Galicia e con colaboradores doutras universidades,
proxectaremos o potencial da simulación numérica para resolver problemas de
disciplinas moi diferentes coas mesmas ferramentas matemáticas”.

 

Lea también

Nueve escuelas de danza de Ferrolterra se reúnen en Odeón para la VI Gala del Día Internacional de la Danza

El Centro Comercial Odeón de Narón acoge este sábado a partir de as 18:30 horas …