O Pavillón Campo da Serra acollerá este sábado o “XII Torneo de Voleibol Cidade de Narón” aprazado debido á alerta vermella por temporal

Eva Romero e José Oreona na presentación | Concello de Narón

O pavillón municipal Campo da Serra acollerá este sábado, día 4, a duodécima edición do “Torneo de Voleibol Cidade de Narón”, evento que estaba programado para o pasado 21 de decembro pero que se tivo que aprazar debido á suspensión de actividades na cidade pola alerta vermella por temporal. O concelleiro de Deportes de Narón, José Oreona, recordou que a cita será a partir das 9.00 horas e ata as 21.00, en horario ininterrompido, tal e como estaba previsto inicialmente.

Participarán finalmente neste torneo, organizado polo club Narón Volea e no que colabora o Concello de Narón, un total de cinco clubs. A maiores do club local, o Narón Volea, acudirán xogadoras e xogadores dos clubs de voleibol Calasancias, Emevé Lugo, Oleiros, e San Ciprián, tal e como apuntou Eva Romero, secretaria do Narón Volea. Haberá categorías prebenxamín, benxamín, infantil, cadete, e alevín –masculinas e femininas, en función do equipo- e xogarase en tres pistas varias categorías ao mesmo tempo.

O edil de Deportes naronés convidou á veciñanza a desprazarse ao pavillón de Campo da Serra para animar aos xogadores e xogadoras, desexándolle especial sorte aos do club local, o Narón Volea.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …