A alcaldesa presidiu unha recepción oficial á naronesa Alicia Fernández tras proclamarse subcampiona do Mundo coa selección española de balonmán

Foto de familia da recepción a Alicia Fernández | Concello de Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá unha recepción no Concello á naronesa Alicia Fernández Fraga, tras proclamarse recentemente subcampiona do mundo de balonmán no no Mundial de Xapón. Nun acto ao que acudiron diversos representantes da corporación local a Alcaldesa da cidade fixo entrga á deportista dunha réplica da escultura Anduriña, do artista luso Manuel Patinha, cuxo orixinal se pode ver na Praza da Gándara.

A alcaldesa e os edís da corporación local que acudiron ao acto felicitaron a Alicia polo resultado acadado no citado campionato do mundo, e desexáronlle moita sorte nos retos que se lle presentan no futuro máis recente, como acadar a clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokio, no Preolímpico que terá lugar en España no vindeiro mes de marzo.

Alicia, formou parte ademais durante esta tempada no SCM Râmnicu Vâlcea, en Rumanía, equipo que xoga na Champións League do Balonman europeo.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …