O Esteo da a cara ante o Pescados Rubén Burela na Copa do Rei

Instante do partido ante Pescados Rubén Burela | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala viviu na noite deste mércortes unha xornada histórica tras enfrontarse ao Burela de Primeira División nos dezaseisavos da Copa do Rei.

O primeiro tempo foi de ocasións para ambos equipos, destacar polos locais un man a man de Troncho co porteiro, un disparo cruzado de Jacobo, e un zapatazo ao poste de Noé. Se ben polos visitantes o lucense Lucho disparou ao longueiro, e o ex de Osasuna Alex Diz adiantou ao Burela tras un balón que lle ven de rebote, regatea ben a un defensa e bate a Javichu por baixo.

No segundo tempo levou máis o peso o cadro alaranxado, con máis cambios que os locais, que botaron en falta a Matos, ao que lesionaron o pasado sábado. Tras un disparo de Luisma que o porteiro desvía ao poste, chegou outra ocasión do habilidoso Diz que despexa un inmenso Javichu pero no rebote Everton está máis atento que Cokito e manda o balón ao fondo das mallas.

Con porteiro xogador os locais fixeron o terceiro na primeira ocasión que tiveron por medio do seu gardamallas polaco Kaluza. De aí ata o final destacar ambos tiros ao poste de Rober e Jhony, o tanto da honra de Noé, e o cuarto visitante sobre a bocina coa portería moi desguarnecida.

Clasifican á rolda dos 16 mellores, de Primeira, Inter, Jaén, Osasuna, O Parrulo, Levante, Cartagena, Peñíscola, Santa Coloma, Burela, de Segunda, Betis, Antequera, Mengíbar, Talavera, de Segunda B Hospitalet, e incorporanse da Copa de Europa, El Pozo e Barcelona.

O Esteo: Javichu, Héctor, Cokito, Jacobo, Troncho – Jhony, Rober, Noé.

Pescados Rubén Burela: Kaluza, Luisma, Juanfran, Pope, Everton – Lucho, Vargas, Joselito, Alex Diz.

Goles: 0-1, Alex Diz (16´). 0-2, Everthon (29´) 0-3, Kaluza (30´) 1-3, Noé (38´), 1-4, Juanfran (40´).

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 350 espectadores, con presencia de parte do plantel do Parrulo.

Tarxetas: Amarelas a Jacobo e Noé.

Lea también

AD Judo Ferrolterra consigue siete Oros en la III Jornada de la Liga Galicia Rías Altas

El pasado sábado 24 de enero se disputó en Arteixo la 3ª Jornada de la …