O Concello constitúe o primeiro Grupo de Dependencia e Diversidade Funcional da cidade

Reunión do grupo de dependencia e diversidade funcional | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, ven de constituír esta mesma mañá, coincidindo coa celebración hoxe do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, do primeiro Grupo de Dependencia e Diversidade Funcional do municipio, que aglutina a diversas entidades e asociacións da área.

A edil explicou que na reunión, á que acudiron representantes de ASCM, Aspaneps, Diversidade Funcional, Párkinson, Sáude Mental, Cogami e do CAMF, estableceuse un calendario de traballo para o próximo ano. A próxima cita será a finais de xaneiro, cando o grupo de traballo aborde o asunto do transporte adaptado. Ademais, o 3 de maio, Día Nacional das Persoas con Discapacidade, celebrarase entre escolares un certame de debuxo relacionado coa discapacidade.

Segundo a concelleira, os obxectivos do Grupo de Dependencia e Diversidade Funcional, que se reunirá cada dous meses, son deseñar estratexias de traballo conxuntas, optimizar recursos e definir problemáticas para, así, desde a concellería de Benestar Social, poder articular as medidas adecuadas ou realizar as peticións oportunas a outras administracións.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …