O Concello prepárase para constituír a primeira Mesa contra a Violencia de Xénero con un curso de formación

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Cristina Prados, vai constituír a principios do próximo ano a que será a primeira Mesa Local e Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero, cuxo obxectivo é facilitar a coordinación dos recursos e axentes implicados na prevención e tratamento das situacións de violencia de xénero no municipio.

Para “avanzar neste proxecto”, explica a edil, desde a súa área solicitouse á Secretaría Xeral de Igualdade no mes de outubro un programa formativo dirixido aos axentes e institucións implicadas na prevención, identificación e tratamento da violencia contra as mulleres.

A Xunta concedeu a formación previa á constitución da mesa, que desenvolverase os días 12 e 19 de decembro de 10 a 13 horas no salón de actos do Antigo Hospicio. Ademais do persoal técnico das concellerías de Muller e Igualdade, Educación, Deportes, Seguridade e Benestar Social, a concelleira invitou a todos os grupos municipais de Ferrol a formar parte do programa formativo. Tamén a traballadores da área sanitaria, Policía Local e Nacional, do Xulgado, da Universidade, entidades sociais e aos concelleiros de Emprego e Promoción Económica, María Teresa Deus; de Benestar Social, Eva Martínez Montero; e de Seguridade, Germán Costoya.

Segundo explicou Prados, todos os invitados a recibir a formación o próximo mes de decembro tamén poderán formar parte da Mesa Local e Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero. Trátase “dun paso máis na loita contra a violencia contra a muller”, lembrou a edil, quen insistiu en que “neste asunto é moi importante o traballo coordinado entre axentes sociais e administracións”.

Lea también

El desprendimiento de un balcón provoca en Ferrol el corte de tráfico de un tramo de la calle Iglesia

  En la mañana de este jueves 13 de agosto, el desprendimiento de parte de …