O axente da policía Local de Narón e coordinador do equipo de Educación Viaria de Narón, Pedro Caneiro, participou na mañádeste martes en Madrid nas “Jornadas sobre la carta europea de la Seguridad Vial” organizadas pola Fundación Mapfre no Auditorio Fundación Mapfre. Os proxectos “Camiños Escolares Seguros, Bica e Arrinca e os estacionamentos disuasorios” obtiveron o Premio Europeo de Excelencia en Seguridade Viaria, concedidos pola Carta Europea da Seguridade Viaria, da Fundación Mapfre. Os galardóns recoñecen a contribución das organizacións que desenvolven iniciativas especialmente interesantes ou valiosas para a mellora da seguridade nas estradas.
O encontro foi inaugurado por Julio Domingo, Director Xeral da Fundación Mapfre, e Álvaro Gómez, director do Observatorio Nacional de Seguridade Viaria da Dirección Xeral de Tráfico, que coincidiron na importancia de compartir experiencias e aprendizaxes a nivel europeo, como vía para alcanzar o obxectivo europeo de reducción ao 50% do número de vítimas graves e mortais no noso continente.
Pedro Caneiro, coordinador do Programa de Educación Viaria do Concello de Narón, resaltou que “un dos obxectivos principais dos programas impulsados a través do Consistorio, en concreto dous deles, Bica e Arrinca e os aparcamientos disuasorios, é crear entornos escolares seguros nas zonas próximas aos colexios, retirando os vehículos das inmediacións dos centros para poder deixar ou recoller aos menores nos colexios dun modo seguro e evitando posibles riss en horas nas que se rexistra unha importante afluencia de vehículos e peóns”. Tamén indicou que “cos Camiños Escolares Seguros fomentamos a autonomía dos escolares e a práctica de exercicio físico, incentivándoos para ir camiñando, en bicicleta ou en patinete dende as súas casas aos colexios. A implicación da comunidade educativa e dos pais e nais resultou fundamental para que estes programas tivesen tanto éxito e unha participación de casi o cen por cento do alumnado ao que se dirixen nos centros de ensino do municipio”.