(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala fixo outra vez historia ao derrotar ao Santiago Futsal, da Segunda División, por 1-0 na súa segunda eliminatoria copeira, antigo Lobelle, que fora campión da Recopa de Europa en 2007, da Copa de España en 2006 e da Supercopa en 2010.
Tras un primeiro período sen goles, o segundo comezaba con sendos disparos aos postes de Brian Niebla e Jacobo, e algunha que outra boa intervención de ambos porteiros.
Curiosamente foi nos seis minutos de prórroga que houbo máis ocasións que no resto do partido. Nos primeiros tres minutos, bo remate de Jacobo ante o que Recio fai un paradón, e logo máis clara de Noé dentro da área, pero o gardamallas que gañou o Europeo Sub19 con España hai apenas dous meses, 6-1 a Croacia, voltou a estar providencial.
Incluso sacou unha cabezada cara atrás de Cokito co tempo cumprido. Tamén houbo algunha aproximación visitante a cargo do internacional tailandés Peerapat, ben resolta por Javichu.
No segundo período, con porteiro xogador os visitantes recuperou un balón Matos, e tivo a súa opción a porta baleira, pero tamén Iván Beltrán, nunha xogada na que o futbolista que xogara en Primeira co Zaragoza enviou o balón ao poste.
Pero o último tramo foi o máis emocionante. Coa sexta falta dos visitantes Jacobo dispuxo dun doble penalti, que voltou a desbaratar Recio, pero pouco despois, faltando menos dun minuto pra o remate, asistiu ben dende banda esquerda Rober Paz, e remata Héctor ao fondo das mallas chegando so ao segundo pau.
Os 14 vencedores desta eliminatoria xogarán contra os 14 equipos de Primeira, exentos El Pozo Murcia e FC Barcelona por xogar competición europea. Por proximidade tocará O Parrulo ou Burela.
Nos 14 vencedores desta fase hai 9 de Segunda División, e cinco de Segunda B, Tenerife, Hospitalet, Pinatar, Peligros e O Esteo.
O Esteo: Javichu, Héctor, Matos, Cokito, Troncho – Noé, Rober, Jacobo, Jhony, Martín.
Santiago Futsal: Liñeira, Brian, Gambín, Beltrán, Montiel – Domingos, Isma, Blanco, Peerapat, Noel, Recio.
Goles: 1-0, Héctor (45´).
Tarxetas: Cokito, Noé, Jacobo, Montiel, Isma, Peerapat.
Incidencias: Pavillón de A Fraga, con algunhas goteiras polo temporal. Uns 300 espectadores.