Un total de catorce establecementos de hostalería participarán nas “II Xornadas do Marisco da Ría”,en Narón

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, recordou que dentro das accións programadas polo Concello de Narón –a través do Club Narón Gastronómico- para este mes de novembro, dirixidas á promoción do sector da hostalería, á mellora da capacitacións dos seus responsables e a poñer en valor a riqueza deste territorio, enmárcanse as Segundas Xornadas do Marisco da Ría, logo da exitosa experiencia desenvolvida o pasado ano. O edil naronés recordou que a cita comezará o vindeiro xoves, día 14, e que se desenvolverá ata o domingo 17 e tamén a vindeira semana, do 21 ao 24 deste mes. Un total de catorce establecementos de hostalería participan nesta nova edición das Xornadas do Marisco da Ría, tal e como indicou Pita. O concelleiro animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a “acudir nestas datas a estes establecementos para degustar as tapas, racións e menús que se elaborarán con produto da ría de gran calidade”.

A finalidade desta convocatoria é a de axuntar a oferta, a produción e a calidade dos produtos da ría, cos puntos de consumo máis importantes que, neste caso, constitúen os establecementos de hostalería do concello de Narón que se sumaron a esta iniciativa. Os produtos protagonistas serán, como no caso da edición do pasado ano, cinco especies de marisco dunha calidade extraordinaria: Ostra salvaxe, Zamburiña, Ameixa Rubia, Mincha e Carneiro.

Os locais participantes nestas xornadas localízanse ao longo do territorio municipal, tanto en zona rural como en distintos barrios urbanos, e logo de participar no “Obradoiro de preparación e tratamento de mariscos” desenvolvido o pasado 29 de outubro. Os establecementos nos que se poderá gozar das exquisiteces da nosa ría en formato tapa, menú ou ración son os seguintes: A Grella dos Avós, Anacos, A Roldana, A Serra, A Trasanquesa, Casa Sindo, Cervecería Australian, El Refugio, Mamá Flora, Gastrobar Piñeiros, Marcial, O Pío, Silver 200 Monjes e 3 Pés.

As persoas interesadas en contar de primeira man co material editado para difusión das Xornadas pode descargar o folleto coa localización dos establecementos e outra info de interese na páxina web do Concello de Narón –www.naron.es- e tamén na páxina do Club Narón Gastronómico -clubnarongastronomico.naron.gal

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …