A Escola Javi Gómez Noya contará coa visita de Antonio Serrat no seu adestramento deste sábado en Doniños.
O internacional galego aceptou o convite do Triatlón Ferrol para adestrar cos canteiráns para os que é un exemplo, xa que este vigués de 24 anos é actualmente 22º no ranking de clasificación olímpica, cuarto español só por detrás de Javi Gómez Noya, Fernando Alarza e Mario Mola.
Antonio Serrat adestrará xunto as promesas do club departamental que teñen previsto realizar exercicios de ciclismo e carreira a pé.
O adestramento con estrela convidada está programado para este sábado ás 11.00 horas nos arredores do aparcadoiro da praia de Doniños.