Ferrol en Común visitou no día de hoxe as obras de reforma do mercado de Caranza

Ferrol en Común visitando o mercado de Caranza | Ferrol en Común

O voceiro e a concelleira do grupo municipal de Ferrol en Común, Jorge Suárez e Xiana López, mantiveron un encontro cos praceiros de Caranza no propio mercado para constatar o avance da reforma do mercado municipal e intercambiar opinións sobre a obra.

A remodelación deste mercado municipal foi un investimento de cidade moi importante realizado polo anterior goberno de FeC. Esta intervención permitirá mudar por completo a faciana do mercado e será, «sen dúbida, un revulsivo» para a vida no barrio cun novo e moderno mercado municipal axeitado aos tempos e as necesidades actuais e que «implica unha aposta polo comercio de proximidade, local e de atención personalizada, fronte as grandes superficies comerciais«.

Os praceiros de Caranza «amosaron a súa ledicia por ver, al fin, unhas obras no mercado demandas dende fai case 30 anos pola veciñanza e que suporán unha mellora nos seus postos de traballo«, afirman dende Ferrol en Común.

Este proxecto «sempre foi prioritario como empeño de cidade para Ferrol en Común e compartimos a súa dita vendo que é unha realidade inminente«.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …