O goberno municipal levará ao pleno do xoves as subvencións nominativas

Pleno de organización | Adán Puentes

O goberno local someterá o próximo xoves 30 de outubro ao pleno da corporación a aprobación inicial do anexo se subvencións nominativas para o exercicio económico 2019, cun importe próximo aos 1,7 millóns de euros. Máis dun centenar de entidades de Ferrol benefícianse destas axudas, destinadas, na súa meirande parte, ás áreas de Benestar e de Deportes.

Logo de que se presentase esta mañá ante a Comisión Informativa de Economía, Facenda, Emprego e Recursos Humanos, o anexo se subvencións deberá obter o visto bo do pleno, para o que se necesita unha maioría simple de votos a favor. Despois abrirase un período de exposición ao público de 15 días hábiles no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia, que comezará a contar ao día seguinte da publicación do anuncio no BOP.

Se durante este prazo non se presentase ningunha reclamación, daríase por aprobado o documento, que entraría en vigor tras a súa nova publicación. No caso contrario, de que si houbese reclamacións, o pleno da corporación municipal debería resolvelas no prazo máximo dun mes e adoitar un acordo definitivo.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …