O vindeiro 17 de maio será unha data especial na cidade ao ser homenaxeado Ricardo Carvalho Calero no Día das Letras Galegas. Dende hai unas semanas o goberno municipal puxo en marcha una comisión para organizar os actos para este día “cunhas funcionarias moi cualificadas e que coñezo moi ben”, afirmaba o concelleiro de Ferrol en Común, Suso Basterrechea, pedido que se ampliase “a todas as asociacións e grupos municipais”, una petición que ten o goberno municipal dende o pasado mes de setembro.
O concelleiro recordaba que na súa etapa no goberno “sempre se aprobou todo o relacionado con Ricardo Carvalho Calero por unanimidade no pleno”.
Suso Basterrechea afirmaba que hai asociacións “que xa están programando actividades para esta celebración«, polo que o ideal sería “programar todo de maneira conxunta e coordinada.”
A idea que transmitía o concelleiro de Ferrol en Común, querendo deixar claro “que non é miña, senon doutro grupo municipal, pero que eu a apoio” sería “facer unha convocatoria pública e aberta para que todas as persoas que queran aportar poidan facelo” para posteriormente “facer unha comisión cos grupos políticos onde estexa presente o texido asociativo da cidade.”
Suso Basterrechea quería acordarse da labor realizada pola Fundaçom Artábria “que leva moitos anos pelexando por este recoñecementos”, ademáis de intelectuais da cidade, polo que o concelleiro de Ferrol en Común pedía “unir sinerxias”, considerando “fundamental” a visión didáctica de Ricardo Carvalho Calero “para que chegue os centros escolares.”