A alcaldesa de Narón asinou un convenio de colaboración con COFER

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou co presidente da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer), Cristóbal Dobarro, un convenio de colaboración entre o Concello e a citada entidade. No acto estivo tamén presente o concelleiro de Promoción Económica, David Pita.

A través deste acordo, tal e como figura no documento, apóstase por “potenciar a colaboración entre ambas partes na difusión de iniciativas e actividades a respecto da realidade socioeconómica do Concello que sexan de utilidade para as traballadoras e os traballadores do municipio e tamén outras accións que promovan, directa ou indirectamente, a creación de emprego e o asentamento empresarial en Narón”.

O Concello aportará unha partida de 18.000 euros en base a este convenio. A alcaldesa, Marián Ferreiro, valorou o traballo que desenvolve Cofer en Ferrolterra, Eume e Ortegal e destacou o compromiso do goberno local de respaldar entidades e iniciativas encamiñadas a promover a implantación de empresas na cidade e a creación de emprego.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …