O pazo municipal de Ferrol acolleu hoxe unha reunión de alcaldes das comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal, Terra Chá e A Mariña para analizar a grave situación na que se atopa o tecido industrial da zona. Á perda de empregos que se produciu nos últimos anos e se vén producindo, acaba de unirse o adianto de peche da central térmica das Pontes, anunciado o pasado venres por Endesa.
Por ese motivo os rexedores das Pontes, Ferrol, Pontedeume, Neda, Mugardos, Ortigueira, Cedeira, Cerdido, A Capela, As Somozas, San Sadurniño, Fene, Cariño, Valdoviño, Moeche, Cabanas, Ares, Narón, Miño, Monfero, Mañón, Muras, Xermade, Vilalba e Viveiro acordaron unha declaración institucional na que reclaman “ás dúas administracións con competencia en industria, é dicir, o Ministerio de Industria e a Consellería de Economía e Industria”, que acorden con carácter urxente “unha iniciativa conxunta de reactivación económica e captación industrial”.
Así mesmo, solicitan entrevistarse con responsables destas administracións para trasladarlles a problemática na que están inmersas estas comarcas, con perdas de emprego nos últimos anos que se poden cifrar, por exemplo, en 10.000 traballadores no sector naval, 2.700 en Endesa, 400 en Gamesa, 200 en Conservas La Jira ou 150 en Pizarras Campo.
Tras a xuntanza, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, dixo que os dous temas “máis urxentes” que se puxeron sobre a mesa foron o anunciado peche da central térmica, “que se está a traballar para reverter”, e o prezo da enerxía, que está a influír moito na “desactivación industrial” destas comarcas. Mato asegurou que os alcaldes que firmaron a declaración queren que sirva de “chamada de atención” ás administracións competentes, ás que piden unha iniciativa de reactivación industrial “que sexa transversal” e na que se contemplen todos os sectores “nos que fomos perdendo peso”. Trátase, como primeiro paso, de “levantar a man para que se fixen no que está a suceder”.
Unha xuntanza “histórica”
Para o alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, hoxe é “un día histórico”, por canto “nunca na historia da democracia se xuntaron tantos alcaldes e alcaldesas de tantas comarcas colindantes para alzar unha voz clamando por unha reactivación industrial”. González Formoso lembrou que o risco que corre toda a área cos problemas de Endesa e de Alcoa “é moi serio”, xa que son empresas das que dependen “miles de familias”. Isto, unido a que, por exemplo, nos próximos anos está por aclarar a carga de traballo para Navantia, a que “Reganosa está posta en tela de xuízo” ou que sobre Gamesa planean informacións dunha “posible deslocalización”.
“Os alcaldes e as alcaldesas non van contra Feijoo nin contra Pedro Sánchez, senón que se trata dun berro de auxilio”, asegurou o rexedor pontés, que lembrou que está en xogo o futuro da segunda comarca de Galicia en canto a capacidade industrial. De modo que pediu iniciativas “con recursos e con sentido”, evitando erros cometidos no pasado.
González Formoso insistiu especialmente en que o problema “é compartido”, que a responsabilidade, tamén para buscar unha solución, corresponde a administracións de distinto signo político. “É habitual que o prioritario sexa botar a culpa ao que estea gobernando. A nova política sería sentarse nunha mesa buscando solucións, que as hai, e que ademais é o que demanda a cidadanía”, concluíu.
Hai «un fío a esperanza» para os transportistas
Posteriormente a estas declaracións, falaba o voceiro dos transportistas, Roberto González, o cal afirmaba que «hai un fío a esperanza e se abre unha ventana«, tras ver la unión entre los alcaldes y alcaldesas de distintas formaciones políticas «e hai unha fronte común para loitar polo que creemos que é xusto» que es la reactivación de la central térmica de As Pontes.
Os transportistas esperarán á reunión do mércoles «para ver se todas as propostas que teñen pensan levalas ao Ministerio e a ver se saen adiante.«
Ao mesmo tempo saben que adía de hoxe «o carbón está mal visto, a sociedade non o quere«, pero dende o sector dos transportistas esperan «que nos den unha alternativa ben sexa, biomasa, aceituna ou o que nos queiran botar«, pero lo que quieren es «que nos poñan a traballar, que é moita hora.«
Sr González Formoso: Vd como políticode oficio debe saber que la Ley hay que cumplirla y hacer que se cumpla. Lo dijo ayer la Sra Calvo, vicepresidenta del gobierno y compañera de su partido.
De momento Reganosa no cumple con las Leyes (son varias) y debe cumplir con ellas. A lo mejor tiene que cerrar y si es así la culpa la tienen los que se empecinaron en «saltar» esas leyes.