O presidente da RFGF traslada ao alcalde de Ferrol as necesidades de mellora nas instalacións deportivas municipais

Reunión de Ángel Mato e Antonio Golpe coa RFGF | RFGF

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, reuniuse esta tarde co alcalde de Ferrol, Ángel Mato, para tratar diversos asuntos que preocupan ao fútbol e ao fútbol sala ferrolán. Especialmente asuntos relacionados coas instalacións deportivas. Os clubs municipais trasladaron en varias ocasións ao presidente e á delegación federativa as enormes deficiencias existentes e cumprindo co compromiso de liderar as demandas dos clubs, o presidente solicitou esta reunión para poder dar traslado persoalmente ao alcalde de todas as demandas presentadas polos dirixentes das entidades ferroláns.

A reunión foi moi positiva e no encontró tamén estiveron presentes o vicepresidente Pablo Prieto e o delegado en Ferrol Manolo Mesa, perfectos coñecedores desas deficiencias e das necesidades plantexadas polos clubs.

Louzán asistiu á reunión en representación de case 250 equipos de todas as categorías e de máis de 2.500 xogadores, sumando fútbol e fútbol sala.

Problemas de iluminación, de calidade dos vestiarios, de falta de campos para fútbol 8, de dispoñibilidade horaria e de diversas deficiencias nas instalacións son algunhas das demandas plantexadas polos clubs e trasladadas hoxe ao alcalde polo presidente.

Louzán indicou logo da reunión quedar “moi satisfeito” co desenvolvemento da mesma e confía que “esta primeira toma de contacto teña continuidade con compromisos firmes de mellora das instalacións para poder subsanar os graves problemas que teñen que afrontar os clubs de Ferrol, véndose algúns incluso na obriga de recurrir ao aluguer de instalacións fóra do concello”.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …