A Biblioteca municipal ofrecerá un taller con motivo do Día das Persoas Maiores

A Biblioteca municipal de Ferrol, na praza de España, continúa programando actividades para o último trimestre do ano. Nesta ocasión sumarase á celebración do Día das Persoas Maiores, que terá lugar o próximo 1 de outubro.

Ese mesmo día, de 10.30 a 12 horas, a Biblioteca celebrará na sala Cemit, situada no terceiro andar, o taller “Asignatura pendente do século XXI: formación ao longo da vida”. O obxectivo do taller é sensibilizar aos participantes na necesidade de manter a súa mente activa para mellorar o proceso de envellecemento, sendo a formación continua unha ferramenta de alto impacto. No taller, de balde e cun límete de 16 prazas, veranse os beneficios de seguir formándose ó longo da vida, as distintas oportunidades que as novas tecnoloxías ofrecen para isto e algúns exemplos de plataformas que ofrecen formación de balde para as persoas maiores, mostrando en directo ferramentas tecnolóxicas que permiten acceder á formación desde calquera lugar.

A inscrición no curso, recomendado para maiores de 60 anos, farase a través do enlace https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/29537 e se necesitan axuda coa inscrición os interesados poden dirixirse á biblioteca os días 25 e 30 de setembro de 9 a 14 horas. Para poder inscribirse é necesario ser usuario da rede CeMIT. Pode darse de alta no seguinte enlace: https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/usuarios?execution=e4s1

Lea también

Rambalaya tendrá su única actuación en Galicia este sábado en el teatro Jofre

La mejor banda de soul de España, Rambalaya, ha escogido el teatro Jofre como el …