O Concello de Valdoviño abre a inscrición na VIII edición da Milla Urbana a favor de Cáritas

Podio da milla urbana 2017 – Concello de Valdoviño

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá de que, un ano máis, o paseo da Lagoa da Frouxeira será escenario da Milla Urbana Concello de Valdoviño. Organizada pola Concellería de Deportes, chega á súa oitava edición. Terá lugar este domingo 29 de setembro pola mañá, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo a través da súa delegación en Ferrol, e o prazo de inscrición está xa aberto na web www.carreirasgalegas.com (ata o día 26 de setembro, ás 23:59 h) ou de forma presencial na concellería –de luns a venres, de 9 a 14 h- e Oficina de Turismo –de 10 a 14 e de 16 a 20 h-. A inscrición será gratuíta para os menores de 18 anos e terá un custe de 3 euros para os maiores desa idade, a abonar o día da carreira.

Unha vez máis, a carreira terá este ano un carácter solidario e, a recadación íntegra, irá destinada a Cáritas. Así mesmo, haberá novamente o Dorsal 0, polo que as persoas interesadas poderán sumarse a esta causa abonando a cuota aínda que non participe.

Saavedra explica que o percorrido discurrirá ao longo do paseo da Lagoa da Frouxeira, nun circuito de ida e volta de iguais dimensións sobre o que se irán cubrindo as distancias de cada unha das categorías. De entre 100 e 1609 metros. Son estas: biberón (nados no ano 2012 e posteriores); Sub10 (2010-2011); Sub12 (2008-2009); Sub14 (2006-2007); Sub16 (2004-2005); Sub18 (2002-2003); Sub20 (2000-2001); Sub23 (1997-1999); Senior (1985-1996); Máster1 (1979-1984); Máster2 (1970-1978); Máster3 (1960-1969) e Máster4 (1959 e anteriores). A saída estará sinalizada na caseta de socorrismo do areal e tamén será escalonada, partindo ás 11 horas. Organizada polo Concello de Valdoviño, conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a Deputación provincial, Protección Civil de Valdoviño e Coca Cola.

Haberá medallas para todos os participantes da categoría biberón e para os tres primeiros clasificados, en masculina e feminina, para o resto de categorías, así como trofeos para o/a primeiro/a da absoluta e para o participantes máis novo/a e máis veterán/a.

Lea también

El trofeo del Mundial femenino conquistado por España en 2023 se exhibe en Ferrol dentro de la iniciativa ‘Elas Xogan’

La plaza de la Constitución de Ferrol acoge este viernes una de las actividades de …