Edu Saavedra, 19º no campionato galego de tríatlon de media distancia

Edu Saavedra nunha proba – Triatlón Ferrol

Edu Saavedra logrou entrar no top-20 do campionato galego de media distancia, baixando das catro horas e media de competición.

Despois de ser dos dez mellores galegos na natación, o deportista do Triatlón Ferrol mantivo un ritmo constante no ciclismo para ter forzas nunha media maratón final na que foi quen de superar a dous rivais máis para cruzar a meta como 21º da xeral e 19º do campionato galego.

Na competición por grupos de idade, Héctor Mera quedou preto do podio ao ser cuarto na categoría de 40 a 44 anos, onde Juan Díaz 38º cun tempo de 5:10:40.

Lea también

El fútbol aficionado provincial vive su gran fiesta con la fase final de la Copa Diputación

Cientos de aficionados se congregan en Miño para disfrutar de los partidos de semifinales y …