Traballada medalla de prata para Miriam Casillas na Copa do Mundo de Weihai

Miriam Casillas coa sua medalla en Weihai | Triatlón Ferrol

Miriam Casillas colgouse a medalla de prata na Copa do Mundo de Weihai disputada este sábado.

A olímpica do Triatlón Ferrol recoñeceu que non houbo unha táctica previa e foi nos primeiros quilómetros de ciclismo cando se puxo de acordo con Julie Derron e Verena Steinhauser para tentar unha escapada que lles acabou dando unha vantaxe extraordinaria sobre as perseguidoras.

Desta forma, entre as tres estarían as medallas. Rapidamente marchou Derron e a triatleta de Badaxoz e a italiana Steinhauser tiveron un man a man boa parte da carreira a pé, ata que Miriam Casillas se atopou con máis forza para cruzar a meta uns 20 segundos por diante da súa rival.

Despois de colgarse o bronce en Weihai en 2018, a triatleta do club ferrolán volveu triunfar na cidade chinesa co seu primeiro podio da presente temporada, de vital importancia para a clasificación olímpica.

Lea también

AD Judo Ferrolterra consigue siete Oros en la III Jornada de la Liga Galicia Rías Altas

El pasado sábado 24 de enero se disputó en Arteixo la 3ª Jornada de la …