María Teresa Deus presenta a sétima edición da festa “Fin de Verano” promovida polos hostaleiros

María Teresa Deus en rolda de prensa | Adán Puentes

María Teresa Deus, concelleira de Promoción Económica e Emprego do Concello de Ferrol, presentou esta mañá a sétima edición da festa “Fin de Verano”, que se desenvolverá no Cantón de Molins mañá sábado a partir das 21 horas. A Asociación de Empresarios de Hostalería Ferrol e Comarcas, coa colaboración do Concello de Ferrol, é la encargada de organizar un ano máis o evento de balde, que persigue “dinamizar o sector e mellorar a economía da cidade”, en palabras da concelleira.

Luisa Barro, xerente da asociación, lembrou que o encontro arrincou como unha idea dos hoteleiros de Pardo Baixo e con los anos añadiéronse os locais da rúa Carmen, Callao, Igrexa e o Cantón. Incidiu na necesidade de mostrar que “a cidade ten vida” e valorou positivamente o verán en canto a actividade hostelera. Barro tamén explicou que o sector percibe que “cada ano veñen máis turistas, sobre todo polo camiño inglés”, e por os arredores “tan bonitos” que temos. A festa, que “repercutirá a todos os locais de Ferrol”, dixo a xerente, contará con varias actuacións musicais.

Lea también

Llega a Ferrol la exposición Promoción de actuacións financiadas cos fondos europeos

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, ha inaugurado en la mañana de este viernes …