Miriam Casillas volve á competición na China

Miriam Casillas en Chengdu – Triatlón Ferrol

Miriam Casillas tomará a saída na Copa do Mundo de Weihai para tentar mellorar algún dos seus resultados previos e seguir subindo postos no ranking de clasificación olímpica.

Actualmente, a internacional do Triatlón Ferrol ocupa a 30ª praza do ranking e iso, no caso de mantela a 31 de decembro, daríalle o billete para Toquio segundo os criterios da selección española. Para seguir mellorando a súa puntuación e que ninguén a supere, Miriam Casillas debería entrar no top-5 dunha proba na que o podio estará moi caro polo nivel de Vendula Frintova –que ocupa o posto 16º do ranking olímpico-, Ai Ueda ou Emma Jackson.

A Copa do Mundo de Weihai disputarase en distancia olímpica, na que a triatleta de Badaxoz se desenvolve mellor, na madrugada do venres ao sábado en horario español.

Lea también

Toimil, Chamosa e Ben, lideran ao atletismo galego en Tarragona

Un total de 43 atletas galegas e galegos (22 mulleres e 21 homes) tomarán parte …