A rodaxe da película El Verano que vivimos, a nova producción de Atresmedia, Warner e Bambú, dirixida por Carlos Sedes (Fariña, Velvet) e protagonizada por Blanca Suárez e Javier Rey, arrancou esta mañá nas calles de Ferrol. Parte da historia do filme desenvólvese en Galicia, e os responsables do proxecto decantáronse pola cidade e os seus arredores como escenario de todas as gravacións que terán lugar na comunidade. A Policía Local informou de que hoxe estarían cortados ao paso tramos das rúas Magdalena, Alegre, Santos, Igrexa e Concepción Arenal. Ademáis de en Magdalena e Canido, tamén se gravará en Caranza, Covas ou Esmelle.
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, explicou esta mañá no campus de Esteiro con motivo da presentación do festival Festeiro que comprendía as molestias que pode xerar aos cidadáns a rodaxe polas rúas da cidade. Pero, engardiou, ao coñecer a vontade de Bambú de rodar parte da súa película en Ferrol “entendeu a oportunidade que supón que una produtora tan grande escollese nosa cidade pola súa contorna natural, o seu trazado urbano e polas súas edificacións como escenario do rodaxe dunha película”. É, recalcou o alcalde, unha oportunidade para vender noso litoral, para trasladarlle á xente, «sobre todo de fora de aquí, que merece a pena ver nosas praias, noso urbanismo e a nosa xente”. Por todo elo, Mato confía en que a cidadanía saberá comprender a proxección turística que a cidade pode ter con motivo do rodaxe desta película. É, remarcou, “unha oportunidade única”.
El Verano que vivimos trata sobre unha estudante de periodismo que realiza as súas prácticas no diario dunha localidade costeira para rematar a carreira. No seu novo posto, debe facerse cargo dos obituarios, algo que non colma en absoluto as súas aspiracións, pero que acabará por poñela tras unha nova que a levará pro diferentes cidades na busca dunha historia de amor imposible: a dun home que leva máis de corenta anos escribíndolle a unha muller chamada Lucía.
Xunto a Blanca Suárez (El internado, Las chicas del cable, Perdiendo el norte, El bar) e Javier Rey (Velvet, Fariña, El silencio de la ciudad blanca), forman parte do reparto Pablo Molinero (La peste), Carlos Cuevas (45 revoluciones), Guiomar Puerta (45 revoluciones) e María Pedraza (La casa de papel, Élite).