A biblioteca municipal acolle o xoves 19 o espectáculo “Soul & literatura”

A biblioteca municipal, na Praza de España, acollerá o próximo 19 de setembro, ás 20 horas na planta baixa do edificio, Soul & Literatura, un espectáculo didáctico deseñado coa intencionalidade de poñer en valor a cultura negra así como a relación entre música e literatura. A actuación contará con un coidado repertorio musical interpretado en directo intercalado con lecturas de diversos libros que fan referencia dunha ou outra forma á música.

Os encargados de levar a cabo esta actividade son Iria Mejuto á voz e Richi Rozas á guitarra.

Disciplina Positiva

Dous días antes, o 17 de setembro, ás 17.30 horas, a biblioteca municipal acollerá unha charla de entrada libre sobre Disciplina Positiva. Laura Balado, certificada en disciplina positiva pola Positive Discipline Association e coach familiar e educativa dirixirá a charla, na que explicará cómo entender o comportamento dos fillos e cómo guialos no seu camiño de forma positiva e afectiva pero firme e respectuosa. Tamén abordará asuntos como a empatía, a comunicación o e entendemento das relacións familiares e explicará que a clave está en ensinar competencias básicas para a vida.

A charla dará paso a dous talleres que se celebrarán en outubro e novembro, un dirixido a pais e educadores de nenos pequenos e outro a pais e educadores de adolescentes.

Lea también

Lucía Perez actúa este agosto en las fiestas de verano de Ferrol

La actuación de la cantante está prevista para el próximo 24 de agosto. La concejalía …