Miriam Casillas, 22ª na Copa do Mundo de Banyoles

Miriam Casillas adestrando en Holanda | Triatlón Ferrol

Miriam Casillas logrou ser 22ª na Copa do Mundo de Banyoles aínda notándose cansada despois da Gran Final das Series Mundiais da pasada semana.

Saíndo da auga a 30 segundos da líder, a pacense do Triatlón Ferrol rodou no pelotón perseguidor e, pese ao sufrimento ao longo de toda a proba, conseguiu correr os 5 km finais en menos de 17 minutos.

Con este resultado, Casillas analiza a temporada: “terminar el año en el top-30 del ranking olímpico va a estar difícil pero lo veo posible, quedan oportunidades”. Dese xeito, cumpriría un dos criterios da selección española e comezaría o ano olímpico coa praza asegurada.

A próxima cita para a estremeña será a final de mes na Copa do Mundo de Weihai.

Lea también

Miriam Casillas retoma las Series Mundiales en Hamburgo como 35 del ranking

La olímpica del Triatlón Ferrol disputará el sábado 12 la prueba individual y podría ser …