A concelleira Eva Martínez presentou hoxe en comisión o borrador do primeiro Consello Sectorial Municipal de Benestar

Eva Martínez Montero na súa visita á Cociña Económica | Concello de Ferrol

Durante a comisión de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio Histórico celebrada hoxe, deuse conta do borrador do Regulamento do Consello Sectorial Municipal de Benestar Social para que os grupos da oposición poidan presentar as súas achegas. Tras 15 días e tendo en conta as súas suxerencias, o borrador volverá a levarse á comisión para ditaminar sobre el. Despois, a creación do Consello terá que ser aprobada polo pleno.

Deste modo a consellería que dirixe Eva Martínez sacaría adiante e por primeira vez en Ferrol un Consello Sectorial Municipal de Benestar Social, un órgano para a promoción das políticas sociais municipais da cidade e das asociacións vencelledas co benestar social.

A finalidade do consello é potenciar o benestar social e mellorar a calidade denvida dos colectivos en situación de vulnerabilidade, risco de exclusión ou exclusión social da cidade de Ferrol mediante a participación activa de representantes das institucións e das súas asociacións nos asuntos municipais do seu interese.

Entre as súas funcións está fomentar a participación directa na xestión de cada área de actuación municipal das persoas e das entidades interesadas; promover e fomentar o asociacionismo vencelledo coa política social; asesorar ao Concello sobre as actuacións que este realicen no ámbito de actuación da Administración local; fomentar a aplicación de políticas e actuacións municipais; canalizar denuncias fundadas de conductas discriminatorias; sensibilizar á cidadanía en materia de benestar e política social e cooperar con outros consellos de Benestar Social.

Composición

A presidencia do novo Consello Sectorial estará constituída polo alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez. En vicepresidencia haberá unha persoa elixida democraticamente entre a cidadanía que participará a título individual e outra entre as persoas que participan en representación das asociacións. No Consello haberá tamén un representante por cada un dos partidos políticos con representación no pleno e outra persoa en representación de cada unha das asociacións sociais do Concello de Ferrol. Por último, poderán formar parte do consello ata tres persoas a título individual, maiores de 16 anos, que manifesten interese na materia do Concello.

Eva Martínez, concelleira de Benestar Social, explicou que o obxectivo da Concellería coa constitución do primeiro Consello Sectorial Municipal de Benestar Social de Ferrol é “promover e aumentar a participación cidadá e escoitar ás entidades sociais da cidade, mellorar a xestión en asuntos sociais e optimizar os recursos”.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …