O Concello abre o trámite de audiencia das catro normas incluídas no Plan Normativo de 2019 a través da plataforma municipal Narón Participa

Un total de catro normas xurídicas incluídas no Plan Normativo do Concello para este ano 2019, están actualmente na plataforma “Narón Participa”, para que as veciñas e veciños poidan plantexar as suxestións que consideren oportunas ao borrador elaborado para cada unha delas dende os servizos administrativos municipais.

A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que este será o terceiro ano consecutivo no que se poderá participar, a través desta plataforma, na planificación, elaboración e evaluación da normativa municipal. “Dende o Concello animamos ás veciñas e veciños a que a través desta plataforma municipal nos plantexen as cuestións que consideren oportunas, para coas aportacións de todos e todas os que o desexen perfilar o Regulamento de Participación Cidadá do Concello, os Estatutos do Padroado de Deportes, a Ordenanza para a regulación do uso de infraestruturas do Concello para servizos de banda ancha e o Regulamento de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Narón”, explicou.

Na actualidade, tal e como indicou a edil de Participación Cidadá, estes documentos están na fase de audiencia cunha nova recollida de propostas, tras rematar a fase de consulta previa á redacción das disposicións normativas citadas. Unha vez examinadas as suxestións que se presenten a través da
plataforma “Narón Participa” (para o que se dispón de prazo ata o día 2 de outubro), as normas –coa incorporación das aportacións veciñais no seu caso- someteranse a aprobación inicial no pleno para a publicación no Boletín Oficial da Provincia e, finalmente, abrir un prazo de 30 días para presentar alegacións.

 

A través da dirección: www.naronparticipa.es accédese á citada plataforma municipal, así como dende a propia web do Concello –www.naron.es- ou do Portal de Transparencia municipal. Poden participar no
proceso as persoas maiores de 16 anos empadroadas en Narón ou que acrediten a condición de interesados/as e tamén as organizacións e asociacións legalmente constituídas e potencialmente afectadas, tal e como recordou a concelleira de Participación Cidadá.

O goberno local naronés reforzou a Participación Cidadá o pasado ano coa posta en marcha da plataforma “Narón Participa”, a través da que se facilita a participación e codecisión das veciñas e veciños en diversas materias e que incorpora procesos participativos na redacción de normas xurídicas propias, tal e como se contempla no Plan Normativo aprobado no ano 2017.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …