Entrega de medallas aos nenos e nenas participantes nos cursos de fútbol sala en Valdoviño

Foto de familia trala entrega de medallas | Concello de Valdoviño

O concelleiro de Deportes de Valdoviño, Sergio Saavedra, fixo entrega a semana pasada dos diplomas acreditativos e medallas aos nenos e nenas participantes nos cursos de fútbol sala organizados polo Concello de Valdoviño durante os meses de verán no marco do programa OcioSol 2019. Uns cursos que se desenvolveron en xullo e agosto os luns e mércores pola mañá na pista deportiva da Frouxeira, anexa ao cámping municipal A Lagoa.

Nos mesmos tomaron parte 23 nenos e nenas e, no transcurso do acto, Sergio Saavedra valorou moi positivamente a participación rexistrada na actividade.

Lea también

La colocación del campo de hierba natural del Racing de Ferrol en Mandiá entra en su fase final

La colocación de los tepes de césped natural ha comenzado y dará paso a la …