A Biblioteca municipal abre en setembro o prazo para os Clubs de lectura positiva e narrativa e o Taller de escritura

A Biblioteca municipal de Ferrol, na praza de España, anunciou que o prazo para participar nas súas actividades abrirá o próximo mes de setembro.

A partir do mércores 4 de setembro, as 17 horas, poderán realizarse as inscricións para o Club de lectura positiva, cuxa coordinadora será Sabela Naranjo. En canto ao Club de narrativa, con Isabel Veiga como coordinadora, existen dous grupos en función do día da semana no que se celebren as reunións. O grupo do luns, a data de inscrición e a partir do luns 16 de setembro as 17 horas. O grupo do mércores, será a partir do mércores 18 de setembro ás 9 horas.

Por último, os interesados no Taller de escritura, con Begoña Martín como coordinadora, poderán realizar a inscrición a partir do 25 de setembro as 17 horas. Estas actividades están orientadas a adultos e as reunións celébranse unha vez o mes.

No caso do Club de narrativa, é necesario ser socio dalgunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia para poder inscribirse. As inscricións serán exclusivamente presenciais no mostrador da planta baixa da Biblioteca Central.

Uns días antes do inicio da data de inscrición en cada actividade, enviarase un correo electrónico coa información extendida de dita actividade.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …