A praia da Frouxeira acolleu, por quinto ano consecutivo, a Carreira na Area. Unha cita que reuniu o pasado domingo a un total de 155 participantes (94 homes e 61 mulleres) nas diferentes categorías da competición. Unhas cifras de participación que celebrou o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, quen afirmou que ano a ano vai aumentando o número de inscritos e que esta cita se está a consolidar na comarca como un evento familiar e deportivo de referencia.
Trátase dun percorrido de baixa dificultade, pensado para todas as idades e que plantea percorridos de entre 200 e 5.000 metros. Os gañadores da categoría absoluta, tanto masculina como feminina, recibiron trofeos, mentres que todos os participantes das restantes categorías recibiron unha medalla.
Esta Carreira, nun entorno natural único, foi recuperada polo Concello en 2015 tras un parón duns dez anos.