O concerto de mañá sábado do festival Jazz de Ría será no Teatro Jofre

O concerto que ofrecerá mañá ás 22.00 horas Carlos Sarduy Afrocuban Jazz Quartet, dentro do festival Jazz de Ría, non poderá ter lugar na praza Vella, como estaba previsto inicialmente. Trasladarase ao Teatro Jofre debido á previsión de chuvias en Ferrol para esa hora.

Os recitais programados para o domingo (Xacobe Martínez Antelo Trío, ás 13.30, e Marcos Teira Quinteto NÓs, ás 22.00) mantéñense na praza Vella á espera de que se teña certeza das condicións meteorolóxicas para esas horas. No caso de que finalmente sexan tamén adversas, trasladaranse, do mesmo xeito, ao Teatro Jofre.

Lea también

O Museo de Historia Natural de Ferrol acolle a conferencia «tralo rastro da toupeira de auga»

Conferencia o venres 25 de setembro ás 19:30 horas no Auditorio do Museo de Historia …