Miriam Casillas roza a clasificación directa para os Xogos sendo 13°

Miriam Casillas en Chengdu – Triatlón Ferrol

Miriam Casillas foi 13° no Test olímpico para Toquio 2020 e quedou ás portas de entrar no top-10 da proba, un dos criterios de clasificación directa da selección española.

Despois dunha boa natación, a internacional do Triatlón Ferrol rodou no pelotón perseguidor cunha ducia de rivais e correu forte os 5 km finais, distancia acurtada á metade pola intensa calor na cidade xaponesa e circunstancia que non beneficiou á triatleta de Badaxoz.

Finalmente, Casillas cruzou a meta para ser 13, tras a descualificación das dúas primeiras deportistas ao entrar da man en meta.

Con este resultado, a integrante do club departamental segue a ser a mellor española do ranking olímpico e mantén as súas posibilidades de rematar no top-30 desa táboa para certificar a súa praza para Toquio nesta temporada.

Lea también

Sergi Navarro, del Natación Ferrol, doble subcampeón de España junior en Castellón

El Natación Ferrol tuvo una destacada actuación en el Campeonato de España junior de verano, …