O goberno local presentou á Comisión de Contas as propostas da conta xeral e do plan económico financeiro

Esta mañá reuniuse en sesión ordinaria a Comisión Informativa Especial de Contas do Concello de Ferrol. Nela deuse conta da desestimación das alegacións formuladas pola empresa Urbaser, responsable da limpeza e da recollida de residuos, á auditoría dos exercicios 2015, 2016 e 2017. Tamén se presentou a proposta ao pleno para a aprobación dun expediente de fiscalización previa de tres facturas, de datas 31 de maio e 30 de xuño deste ano. Ditaminaron a favor os representantes socialistas e de Ferrol en Común, mentres que os do Partido Popular reservaron o seu voto para o pleno. O BNG non estivo representado na sesión.

Os puntos terceiro e cuarto da orde do día recollían sendas propostas ao pleno. Por unha banda, a de aprobación da conta xeral do ano 2018, e por outra, a do plan económico financeiro do Concello para os exercicios 2019 e 2020. Ambas foron ditaminadas favorablemente polos concelleiros socialistas e de Ferrol en Común. Os do PP reservaron o voto para o pleno.

Lea también

Este viernes se puso en servicio un nuevo tramo de la Avenida de As Pías

El Delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, supervisó en la mañana de este viernes, …