O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición nun curso de verán de tiro con arco

Instante da actividade de iniciación – Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, promove unha nova edición do curso de verán de tiro con arco. Será o Club Arco A Frouxeira o encargado de impartir as clases no campo municipal de fútbol de Atios, do 19 ao 23 de agosto e de luns a venres. Os horarios previstos serán de 10 a 12 horas e está dirixido a persoas de todas as idades a partir de 8 anos.

Así, o prazo de inscrición xa está aberto ata o 13 de agosto e o trámite debe realizarse no Rexistro Xeral da Casa Consistorial. Para máis información, o Concello habilitou o número de teléfono 626 465 531.

Impartido por monitores con título nacional, contará coa visita de Iria Grandal García, arqueira olímpica en Londres 2012.

O prezo da actividade é de 11,06 euros para menores de 18 anos e de 12,54 euros para persoas adultas e a cuota da licenza e seguro RC ascende a 7 euros por persoa. Ademais, todo o material facilitarase no curso.

Lea también

Miriam Casillas, entre las favoritas en la Copa del Mundo de Viña del Mar

La olímpica del Triatlón Ferrol cerró las Series Mundiales como la 27ª mejor triatleta del …