A concelleira Eva Martínez presentou á Comisión de Benestar Social as bases do Premio Solidario Cidade de Ferrol

Visita de Eva Martínez Montero a AFAL | AFAL Ferrolterra

A xuntanza da Comisión Informativa de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio celebrada esta mañá no pazo municipal serviu, entre outros asuntos da orde do día, para dar conta das bases do Premio Solidario Cidade de Ferrol 2019, que se entregará o próximo decembro. O obxecto do galardón é premiar iniciativas e proxectos desenvolvidos no ámbito da solidariedade, a cooperación e o voluntariado, tanto promovidos por entidades sociais como por persoas físicas. O prazo para presentar propostas abrirase en próximas datas, coincidindo coa publicación das mencionadas bases no Boletín Oficial da Provincia.

A presidenta da comisión e concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, aproveitou para explicar que se está estudando que, en próximas edicións, a cerimonia de entrega do premio se volva celebrar nos primeiros días de setembro, como viña sendo tradición, e non en decembro, mes elixido durante os últimos anos.

Dúas categorías a partir do ano que vén

Martínez Montero informou tamén de que se está analizando a posibilidade de ampliar o galardón. Así, a partir do ano que vén crearíase unha segunda categoría do Premio Solidario Cidade de Ferrol dedicada especialmente ao recoñecemento de proxectos de cooperación, mentres que a primeira quedaría para os de voluntariado e solidariedade.

Lea también

El BNG denuncia «persecución» laboral en la residencia de Caranza, donde la Xunta busca «reconducir» la situación

El diputado del BNG Ramón Fernández Alfonzo ha denunciado «persecución» laboral en la residencia de …