O Concello de Narón inicia obras de mellora de viais e beirarrúas por un importe que ronda os 500.000 euros

Beirarrúas colexio A Gándara

O Concello de Narón iniciou obras de reparación de pavimentos de viais e beirarrúas en varias zonas da cidade. A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou que se trata “dun importante investimento que suporá ás arcas locais un desembolso duns 500.000 euros con cargo ao que se mellorarán tanto o firme de varios viais do termo municipal como o estado que presentan algunhas beirarrúas, o que redundará en beneficio tanto dos vehículos como dos peatóns”.

No que respecta ao traballo de reparación de pavimentos Ferreiro explicou que se actuará nun total de trinta e cinco rúas. Os traballos xa se iniciaron en viais como a estrada do pavillón da Gándara e tamén se levarán a cabo nas rúas Hortiña, Bispo Argaya, O Grove, Pérez Lugín, San Martiño e en zonas de Xuvia e Piñeiros, donde se renovará a capa de rodadura con cargo a un investimento conxunto licitado no seu día en 386.000 euros.

A maiores destas actuacións que se levarán a cabo en diferentes puntos da cidade nas vindeiras semanas, tamén se iniciaron os traballos correspondentes á reparación de pavimentos de beirarrúas en oito viais da cidade: A Gándara –acceso ao colexio- Ferrol, Martin Códax, Virxe de Covadonga, acceso ao apeadoiro de Piñeiros, e rúas María Casares, Pontevedra e Mercedes Freire. Estes traballos licitáronse por un importe de 107.664 euros e permitirán subsanar os danos que presentan as beirarrúas dos citados viais do concello.

Nos vindeiros meses dende o goberno local continuaremos traballando e investindo na mellora dos viais do termo municipal e tamén reparando beirarrúas e facéndoas máis accesibles para os peatóns”, asegurou Ferreiro. “Estes importantes investimentos serán tamén unha garantía de seguridade á hora de circular ou camiñar pola nosa cidade, polo que estas accións xa adxudicadas e en marcha complementaranse nos vindeiros meses con outras encamiñadas a cubrir estes mesmos obxectivos”, recalcou a alcaldesa. Estes traballos lévanse a cabo na zona urbana do municipio, tal e como recordou Ferreiro “se ben dende o goberno local tamén continuaremos investindo na zona rural na mellora de vías e camiños das diferentes parroquias”.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …