O Club Atletismo Narón presentou o evento «Atletismo sen fronteiras»

Presentación de Atletismo sen fronteiras | Club Atletismo Narón

Este mércores tivo lugar no Concello de Narón a presentación do evento «Atletismo sen fronteiras» que desenvolverá o Club Atletismo Narón, en colaboración co Concello, e co apadriñamento da Fundación Racing de Ferrol e o BAXI Universitario de Ferrol, que terá lugar o vindeiro 7 de agosto entre as 11 e as 13 horas no Estadio de Río Seco.

Asistiron á presentación pública os concelleiros de Deportes, José Oreona e Benestar Social, Catalina García; o tesoureiro de NHD Aventura e o presidente do Club Atletismo Narón, Miguel Soto.

O Club Atletismo Narón, dentro do seu desexo de dar a coñecer as diferentes disciplinas que compoñen o deporte a toda a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal, quere arrancar este proxecto con este evento que ten como obxectivo iniciar no mundo do atletismo aos rapaces e rapazas chegados de Chernóbil e o Sáhara, que pasarán o verán con familias naronesas.

Esta iniciativa non só se basa no aspecto deportivo de aprendizaxe, senon que tamén se busca mellorar a integración dos colectivos citados na nosa sociedade xa que compartirán adestramentos cos rapaces e rapazas das nosas escolas.

Lea también

El Natación Ferrol logra el Campeonato gallego alevín en Mos

El fin de semana se celebró en la Piscina Municipal As Pozas, en Mos, el …