O Concello de Narón inicia obras para a mellora de eficiencia enerxética na zona do Alto do Castiñeiro

-Praza Botánico Rodríguez Dacal

O Concello executa estes días traballos de mellora de eficiencia enerxética na Finca de Arzúa e no Alto do Castiñeiro. A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que as obras en execución suporán ás arcas locais un investimento que ronda os 200.000 euros e subliñou que “con cargo a estas actuacións en marcha mellorarase notablemente a iluminación de varias rúas e prazas localizadas nestas dúas zonas da cidade”. Así mesmo, a alcaldesa destacou “o aforro que suporán os traballos en canto ao menor consumo da tecnoloxía led e a reducción das avarías das antigas luminarias” e destacou tamén “a importancia de diminuír tamén a contaminación derivada das emisións de CO2 á atmósfera”.

No que respecta á mellora da eficiencia enerxética na zona da Finca de Arzúa, este  martes mesmo un equipo de operarios traballa nas luminarias da Praza Botánico Rodríguez Dacal e nas rúas Santa Tecla, A Torre, A Garda, O Rosal, O Grove, Cangas, Tui e San Carlos. Neste caso, indicou Ferreiro “estímase unha redución no consumo con respecto á actualidade dun 72%, o que se traduce nunha baixa da factura no consumo enerxético nesta área duns 5.500 euros”. En total dotarase de tecnoloxía led a 240 luminarias dese núcleo urbán.

En canto ás actuacións en execución na zona do Alto, lévanse a cabo nas inmediacións do Pazo da Cultura, nas rúas da Urbanización Ciudad Europa e en Gales, Domirón, Eire, Rafael Bárez, San Xosé Obreiro, Reis Magos, Manuel Antonio e outros viais. Neste caso a actuación levarase a cabo en 209 luminarias e a estimación de aforro no consumo ascende, tal e como indicou a alcaldesa, a uns 11.000 euros, tendo en conta unha redución no consumo, en conxunto, dun 82%. Os traballos previstos nesta zona inclúen a maiores dotar de iluminación ao parque infantil localizado ao final da rúa Italia.

En conxunto, coas actuacións que xa se levaron a cabo noutros puntos da cidade, como é o caso do barrio de Xuvia, estaríamos falando dun aforro anual ás arcas locais duns 100.000 euros unha vez que se rematen os traballos de implactación da tecnoloxía led”, subliñou Marián Ferreiro.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …