Miriam Casillas foi crucial para que a selección española fose sexta na proba por relevos mixtos celebrada a pasada madrugada en Edmonton.
Despois de ter formado parte do equipo nacional que tamén foi sexto no Mundial por relevos mixtos, a internacional do Triatlón Ferrol encargouse de reenganchar a España na prueba de Edmonton. Fíxoo grazas a un portentoso sector ciclista no que traballou para meterse no pelotón perseguidor e, tras ter recibido o relevo en novena posición, logrou baixar da bici quinta, ser a primeira do trío no que se encadraba en saír de transición e acabar cedendo o testemuño a o último relevista español en sexta posición, posto que se acabaría mantendo finalmente.
O próximo reto da triatleta de Badaxoz será o test olímpico en Toquio que terá lugar a mediados de agosto.