Miriam Casillas, con Mola, Godoy e Alarza, no relevo mixto de España nas Series Mundiais de Hamburgo

Miriam Casillas nunha proba | ITU / TriathlonLive

Miriam Casillas foi convocada pola selección española para as Series Mundiais de Hamburgo onde formará parte dun relevo mixto de luxo completado por Mario Mola, Anna Godoy e Fernando Alarza.

A pacense do Triatlón Ferrol non competirá na proba individual, reservándose para a cita por relevos do domingo, na que España aspira a pelexar polos postos de podio.

Na competición, cada compoñente do relevo realizará de forma individual un tríatlon superesprinte -300 m de natación, 7 km de ciclismo e 1.700 m de carreira- ata darlle o testemuño ao seguinte compañeiro.

Lea también

Tres puntos muy luchados para el Valdetires Ferrol en Cáceres

Hasta casi el último segundo tuvo que sufrir el Valdetires Ferrol para conseguir la victoria …