O pasado sábado 22 xuño celebrouse en Lugo o Campionato Galego de Atletismo en Pista ao aire libre. A este Campionato clasificouse o atleta de categoría infantil Damián Suárez Couto, do Club Natación Cedeira Muebles García.
Damián correu a proba de 2000m lisos, que según o ranking autonómico, partía como un dos favoritos a pesar de competir con atletas 1 ano maiores. Fixo moi boa proba marcando unha nova plusmarca Galega e segunda mellor marca nacional con 6’36.34, que lle serviu para proclamarse Campion Galego desta distancia.
Esta marca foi unha das máis destacadas da xornada e chamou a atención da delegación ali presente, algo que dende o seu clube valoran pero entenden que soamente se trata dun premio a súa constancia e actitude de disfrutar co deporte. Non se pon obxectivos máis que os dé seguir adestrando e divertirse cos seus compañeros e outros atletas de outros clubes, que xa se coñecen e teñen unha relación moi boa.