Ascenso a Segunda División para o Triatlón Ferrol masculino

O Triatlón Ferrol no mas alto do podio tras ascender | Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol masculino acadou o ascenso a Segunda División ao facerse co título de campións de Terceira, cunha vantaxe de case 200 puntos sobre o segundo clasificado.

Metendo a seis triatletas no top-20 da proba, o éxito só puido certificarse coa entrada do décimo triatleta do club departamental en meta.

Aínda que soben a Segunda División os catro primeiros da categoría, o equipo logrouno arrasando grazas a Marcos Ruiz, Iván Puentes, Pablo Pedrosa, Hugo Prida, Alejandro Rodríguez, Juan Rejas, Jorge Morado, Edu Saavedra e David Campos, triatletas todos formados no Triatlón Ferrol, e o reforzo do portugués François Vie.

Primeira División

O conxunto feminino rematou en 16º lugar no campionato de España de tríatlon por clubs de Primeira, servíndolle de experiencia de formación ás triatletas máis novas do equipo.

Na xornada dominical, o relevo do Triatlón Ferrol foi 13º de Primeira División coas postas de Carmen Jiménez, Jorge Morado, Pauline Vie e Marcos Ruiz.

Lea también

Brillante actuación del Sport Fight en el Campionato Galego de Grappling Gi

El pasado 22 de noviembre de 2025 el club ACD Sport Fight (SFI) firmó una …