A executiva local socialista reúnese para valorar os resultados electorais

A Comisión Executiva dos Socialistas de Ferrol reuniuse na tarde deste xoves para analizar e valorar os resultados obtidos na cidade nos distintos procesos electorais celebrados o pasado domingo.

Así, nas eleccións europeas, o Partido Socialista volveu ser a primeira forza política na cidade, como xa acontecera hai un mes nas eleccións xerais, logo de recibir a confianza de 11.758 ferrolás e ferroláns, practicamente 2.000 votos mais que o Partido Popular.

A Executiva Socialista quixo poñer en valor este resultado, salientando que o 35,30% de votos obtidos na cidade atópase dous puntos por riba do magnífico resultado do Partido Socialista no conxunto do Estado, na liña co resultado do Partido Socialista de Galicia. A dirección socialista aproveitou para agradecer a confianza reiterada pola cidadanía, así como o traballo desenvolvido pola militancia socialista nestes dous intensos meses de procesos electorais continuados.

Xa en clave municipal, a Comisión Executiva Local congratulouse por que Ferrol vaia contar os próximos catro anos cun alcalde socialista, aproveitando para trasladar a súa felicitación pública tanto ao candidato socialista, e vindeiro alcalde da cidade Angel Mato, como a súa candidatura.

A Executiva Socialista amosouse absolutamente confiada en que o goberno liderado polo Partido Socialista será quen de impulsar neste mandato o proxecto que Ferrol precisa, trasladando o respaldo explícito ao candidato «no proceso de negociacións aberto co obxecto de pactar un goberno municipal estable e de progreso na cidade, o cal contará dende o primeiro día co apoio de todas e todos os socialistas de Ferrol«.

Por último, a Comisión Executiva valorou o novo ciclo político aberto en Galicia con vistas ás eleccións autonómicas do próximo ano, e informou que dende xa «centrará o seu traballo en impulsar dende Ferrol o proxecto dos socialistas galegos liderados por Gonzalo Caballero para poñer fin ao tempo de Feijóo e do Partido Popular na Xunta de Galicia

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …

Un comentario

  1. Ivan un éxito agora a remunicipalizar, e si non abstención que non nos tomen por tontos compañeiro